Pestanas principais

Novas do Concello de Ames (13-06-2019)

NOVAS

O concelleiro en funcións de Educación e Cultura, David Santomil, responsable municipal de Patrimonio Histórico e membro do Consello de Dirección do Parque Compostela Rupestre estivo a semana pasada con Isabel Bennett e Debbi Lewang, membros da administración rexional do Udaras na Gaeltachta ...

O Concello de Ames incrementa as actividades organizadas ao abeiro da programación estival cunha serie de cursos de iniciación ao piragüismo, que se desenvolverán durante os meses de xuño, xullo e agosto. A actividade, organizada pola Concellaría de Deportes, impartirase os luns, mércores ...

O Concello de Ames colabora coa Asociación socio-cultural de venezolanos en Santiago na realización do taller “Coñece os teus dereitos laborais”. Esta actividade impartirase este venres, 14 de xuño, de 11.00 a 13.00 horas, no  centro cultural do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, S ...

Esta mañá presentouse o novo sitio web do Concello de Ames, que inclúe importantes novidades: un novo portal de transparencia, o portal de Mediatec@mes, un novo cadro de navegación, recupérase a axenda de eventos en portada, ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza este sábado, 15 de xuño, unha xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverá na praia fluvial de Tapia entre as 11:00 e as 13:30 horas. Mediante esta a ...

Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) ofrecerán do 11 ao 20 de xuño unha serie de audicións de violín, guitarra, piano e canto, no edificio multiusos de Aldea Nova. As audicións de fin de curso, que comezarán a diferentes horas, teñen como obxectivo que o alumn ...

Xa se coñece o resultado das eleccións que se celebraron a pasada semana, co obxectivo de elixir os pratos que conformarán o menú do día 20 de xuño da Rede Municipal de Comedores Escolares. Este é a décimo cuarta vez que se celebran eleccións nos comedores escolares para escoller os prat ...

Este verán chega a Ames cargado cunha ampla oferta de campus e campamentos, entre os que destacan as propostas deportivas. Neste eido, chega a terceira edición do Campus de verán Basquet Ames, destinado a nenos e nenas nados entre o 2004 e o 2013. Esta actividade desenvolverase en dúas quenda ...

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames, situado no polígono do Milladoiro, rexistrou durante o pasado mes de maio un total de 488 visitas. Das achegas feitas ao longo do mes destacan fundamentalmente os residuos eléctricos e electrónicos que se achegaron aos 3.114 quilogramos ...

Este xoves arrincou en Bilbao o XXVII Campionato de España júnior e sénior de Patinaxe Artística, organizado pola Federación Vasca de Patinaxe e a Real Federación Española de Patinaxe. Na categoría feminina sénior, a patinadora amesá Nadia Iglesias acadou o segundo posto, mentres que o ...

Este luns, 10 de xuño, abre o prazo de inscrición para os  primeiros cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. En agosto realizaranse unha nova serie de cursos da mesma temática, para os que será necesario inscribirse entre o 9 e o 19 de xullo. Os ...

Ao longo do mes de xuño, o equipo do proxecto Youtubeir@s organiza dous grandes encontros de intercambio entre persoas xeradoras de contidos dixitais no Youtube, co obxectivo de motivar a súa vinculación e de crear redes conxuntas de traballo. O primeiro deles terá lugar o 8 de xuño na ...

Durante as últimas semanas os/as atletas do Millaraio participaron en varios campionatos. Alejandro Jiménez e Noel Ferrace participaron os días 1 e 2 de xuño no campionato de España sub 14 individual.  Alejandro Jiménez formou parte do equipo gañador na proba de relevos 6x60 metros. N ...