Pestanas principais

Novas de Ames. 21 de agosto 2020

NOVAS

A actividade de Diana Fútbol & Slide, prevista para o venres, 21 de agosto, na praza de Manuel Murguía do Milladoiro e para o sábado, 22, no parque do Ameneiral de Bertamiráns, adíase por mor da previsión metereolóxica. A concellaría de deportes pide desculpas e anuncia que se se avis ...

A concelleira de deportes, Susana Señorís, visitou á rapazada que este verán aprende a nadar ou perfecciona estilo nos cursos que se imparten nas piscinas descubertas de Bertamiráns e de Milladoiro. A concelleira tamén se achegou á praia de Tapia onde rapaces e rapazas de entre oito e cato ...

O anfiteatro do Milladoiro acollerá o venres 28 de agosto o obradoiro de rimas en galego “CeibaRimas” que organiza a Dirección Xeral de Xuventude da Consellaría de Política Social da Xunta e Galicia en colaboración coa OMIX de Ames. Trátase dun proxecto de rap improvisado en galego que ...

As Escolas Infantís Municipais de Ames reanudarán a súa actividade o día 4 de setembro, despois de meses pechadas por mor da alarma sanitaria provocada pola COVID19. Está previsto que o proceso de reapertura das Escolas de O Bosque e A Madalena se realice seguindo as medidas, indicacións e ...

A praza da Maía de Bertamiráns acollerá o vindeiro domingo, 23 de agosto, a actuación do actor e músico, Josito Porto, na súa faciana máis rockeira. O noso veciño subirase ao palco coa súa banda para presentar o seu proxecto máis persoal, a “Factoría de Subsistencia” co que ten dou ...

AVISOS

A actividade de Diana & Slide prevista para o venres 21 de agosto na praza de Manuel Murguía do Milladoiro e para o sábado, 22, no parque do Ameneiral de Bertamiráns, adíase por mor da previsión metereolóxica. A concellaría de deportes anuncia que se se avisará con antelación das datas nas ...

A concellaría de Mocidade informa que está aberto o prazo para inscribirse en “Ceiba Rimas”, o primeiro proxecto de rap improvisado en galego que chega  a Ames a través da Dirección Xeral de Xuventude da Consellaría de Política Social da Xunta e Galicia que se desenvolverá o venre ...

AXENDA

O anfiteatro do Milladoiro acolle hoxe o obradoiro de rimas en galego “CeibaRimas” que organiza a Dirección Xeral de Xuventude da Consellaría de Política Social da Xunta e Galicia en colaboración coa OMIX de Ames.

Trátase dun proxecto de rap improvisado en galego que ten como obxec ...

A Festa do Apego trae hoxe a Ames cinco espectáculos e unha foliada.
Actividade de mañá:
11:00 horas.- “Barquiño de Pau” de A Tropa de Trapo no Pazo da Peregrina, para crianzas de 0 a 6 anos.
12:00 horas.- Vero Rilo con “Contos,leiras e cousas pequenas” no Xardín doP ...

Grazas á Festa do Apego, as familias do programa “Apego” teñen hoxe a oportunidade de gozar hoxe de dous espectáculos:

Ás 17:00 horas, o pazo da Peregrina acolle o espectáculo da Asociación Antonio Gandoi “O son que me arrola”. Poderán acudir as familias con nenos e nen ...

A macha ciclista nocturna sairá da praza do Concello cara a EDAR e achegaranse até a aldea de Sisalde.
Poden participar todas as persoas que o desexen. Os nenos/as deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

A praza da Maía acolle hoxe, a partir das 22:00 horas, unha nova sesión de “Música na noite”, nesta ocasión a cargo do “Cuarteto de música latina”.
O concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra o ...

Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fatima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", suben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que ...