Pestanas principais

Novas de Ames, 19 de xuño de 2019

NOVAS

Dende o Concello estase a traballar na posta a disposición da Xunta de Galicia dos terreos necesarios para construír un novo colexio público de infantil e primaria no Milladoiro, que se atopa no último trámite no Rexistro da Propiedade dende o 13 de maio de 2019. A construción do novo CEIP ...

A ANPA do CEIP de Ames puxo en marcha entre os meses de xaneiro e marzo unha serie de obradoiros de corporalidade e emocións destinados a alumnas do centro, nos que participaron preto de quince mozas de entre 14 e 16 anos. A actividade, que contou coa colaboración da Concellaría de Servizos So ...

O equipo do proxecto Youtubeir@s continúa co seu programa de encontros centrados no intercambio entre persoas xeradoras de contidos dixitais no Youtube cunha nova quedada en Santiago de Compostela. O evento ‘Lista de reprodución ao vivo’ desenvolverase o próximo venres, 28 de xuño, no edi ...

O Concello de Ames informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá o martes 18 e mailo mércores 19 de xuño ata Bertamiráns. O xoves 20 e o venres 21 estará no Milladoiro. A unidade móbil de doazón estará aparcada na avenida da Maía ...

A nova versión da web municipal inclúe importantes novidades para mellorar e aumentar a información e as posibilidades de comunicación coa veciñanza. Deste xeito, créase unha nova canle de Telegram para poder transmitir información municipal; e un servizo de envío de incidencias de xeito ...

Este mércores, 19 de xuño, a Cruz Vermella imparte unha nova charla sobre a prevención de roubos, estafas e abusos en persoas maiores na Casa da Cultura de Bertamiráns. A sesión, ao igual que o anterior faladoiro realizado o pasado 5 de xuño no local de JUPEMI do Milladoiro, será impartida ...

AVISOS

Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole, Tardes divertidas, así como do programa de psicomotricidade, que o cobro do recibo do mes de maio realizarase o día 26 de xuño de 2019.