Pestanas principais

Novas de Ames, 12 de xullo de 20129

NOVAS

O salón de actos do CEIP de Ventín acolle este domingo, 14 de xullo, a presentación do Campus da Real Federación Española de Fútbol que se desenvolverá no Concello de Ames entre o 14 e o 27 de xullo. Á presentación acudirán Joaquín de Ramos, responsable organizador dos campus da RFEF e ...

A parroquia de Ortoño celebra este domingo, 14 de xullo, unha nova edición da súa tradicional Festa do chourizo ao viño. A iniciativa organizada pola  Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao Viño, chega á súa decimo quinta edición acompañada pola Degustación ...

O concello de Ames continúa medrando e supera xa os 32.000 habitantes a mediados de 2019. Tendo en conta os datos provisionais que manexa o padrón municipal, a día de hoxe o municipio conta con 32.190 habitantes. Segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística (INE) que se atop ...

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre chegan a Ortoño este domingo, 14 de xullo, ao abeiro da xira de presentación do seu novo traballo Noró (Algunhas músicas do norte). Durante o concerto, que comezará ás 19.00h, os quince músicos e músicas farán un percorrido polos trece temas que com ...

Máis de 120 persoas participaron este sábado na andaina pola Ruta do Tambre, organizada polas Concellarías de Sanidade e Medio Ambiente ao abeiro do programa SaudeAndo. Durante o percorrido, os/as participantes foron supervisados polo monitor de marcha nórdica Ricardo Angueira e guiados pola ...

AVISOS

Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole e Tardes divertidas que o cobro do recibo do mes de xuño realizarase o día 24 de xullo de 2019.