Pestanas principais

Avisos e novas do Concello de Ames, 30 de decembro de 2024

NOVAS

A Corporación municipal aprobou por unanimidade a quinta modificación do plan estratéxico de subvencións 2023-2025, a participación no plan POS+ Adicional 1/2025 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2025, a aprobación inicial do regulamento de funcionamento do espazo de traballo ...

O club de atletismo MillaRaio comezou a tempada cuns excelentes resultados no campionato provincial de campo a través celebrado na Pobra do Caramiñal o pasado 14 de decembro. Participaron en dito campionato os equipos das categorías sub10, sub12 e sub14. Clasificáronse para o campionato galeg ...

Dentro da súa programación para o primeiro trimestre de 2025, a Aula AMTIC ofrece cursos de informática para o desenvolvemento e capacitación dixital no medio rural. Levaranse a cabo a partir do 13 de xaneiro en Agrón, Trasmonte, Biduído, Bugallido e na Ameixenda. A formación é de balde, ...

Este xoves, 26 de decembro, o alcalde de Ames, Blas García, e mailo arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto Fernández, asinaron un protocolo xeral de actuacións para regularizar a situación física e xurídica de varios inmobles, e para optimizar o seu aproveitamento de ca ...

Como vén sendo habitual nestas datas, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, está a desenvolver o programa de conciliación Nadal Lúdico, unha iniciativa de educación e ocio para os máis pequenos que axuda ás familias amesás a compatibilizar e conciliar a vida laboral ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organiza para este martes, 31 de decembro, as súas xa tradicionais prebadaladas, enmarcadas dentro da programación do Nadal en Ames. As prebadaladas, presentadas este ano por Fátima Pego, celebraranse na Praza do Concello ...

AVISOS

O Concello de Ames informa que hai unha incidencia na aplicación de reserva de cita para acudir ás recepcións reais do sábado 4 de xaneiro. Estase traballando para que dta incidencia se resolva o antes posible. Para o venres, 3 de xaneiro, pódese obter cita.
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.