Pestanas principais

Avisos e novas do Concello de Ames, 18 de decembro de 2024

NOVAS

Arredor de 450 persoas reuníronse o pasado venres pola tarde no patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns para recibir o Apalpador, que visitou Ames xunto ao Pandigueiro e a Banda da Montaña. Estiveron acompañados da música do Ce Orquestra Pantasma. A figura tradicional do Nadal galego, inte ...

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 5 de decembro a adxudicación das obras de mellora da seguridade viaria dende O Mercuto ata O Vilar, ambos lugares pertencentes á parroquia da Ameixenda. O proxecto, que foi adxudicado á empresa Excavaciones Jose Varela Iglesias SL por 194.772,6 ...

AVISOS

A primeira edición do Mercado de Nadal de Ames foi suspendida pola baixa afluencia de artesáns. Deste xeito, o evento programado para os días 20, 21 e 22 de decembro será cancelado. Dende o Concello de Ames animamos a seguir desfrutando da extensa programación de Nadal en Ames 2024 que se poder ...
A Aula da Natureza organiza, dentro da programación de Nadal en Ames, un campamento para que os cativos poidan achegarse ao medio natural no inverno. A actividade, dirixida para a rapazada entre 6 e 14 anos, desenvolverase os días 2, 3 e 4 de xaneiro, en horario de mañá e tarde, e ofrecerá dife ...
A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa de Andainas Saudables, organiza para o vindeiro 21 de decembro un novo percorrido enmarcado na actividade do Camiño Real de Santiago a Fisterra e Muxía. Desta volta, percorrerase a segunda etapa, de 17 quilómetros aproximadamen ...
O Concello de Ames, desde o departamento de Promoción Económica e Educación, abre a convocatoria para participar na Cabalgata de Reis deste ano, para que as nenas e nenos do concello poidan acompañar aos Reis Magos nas carrozas o día da cabalgata. O período de inscrición estará aberto desde ...
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Nadal Lúdico 2024 para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín, e o CEIP A Maía.