Axenda

Ex., 29-06-2022
Sábado, 02 de xullo de 2022

Dende o ano 2015, a Fundación Ingada (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados) organiza o “Camiño da Diversidade”, unha andaina solidaria para visibilizar e concienciar sobre o trastorno por déficit de atención e hiperactividade, así como a diversidade funcional en xeral. Nesta oitava edición, a marcha partirá o sábado 2 de xullo dende Trasmonte e percorrerá parte do Camiño de Fisterra-Muxía e o Portugués, pasando polos concellos de Ames e Santiago para rematar na praza do Obradoiro. Premendo nesta ligazón pódese realizar a inscrición no evento, cun custo de 3 euros, que se entregarán na saída.