Axenda

Ex., 19-04-2024
Martes, 23 de abril de 2024

Dentro do ciclo Abril de Cine, o martes 23 de abril proxéctase a películaIn the mood for love (Desexando amar), un filme asiático que se desenvolve no Hong Kong de 1962. Neste contexto, Chow, redactor xefe dun diario local, múdase a un edificio habitado principalmente por residentes de Shaghai onde coñece a Li-zhen, unha moza que acaba de instalarse no mesmo edificio co seu esposo. Un día, ambos descubrirán algo inesperado respecto ás súas parellas que o cambiará todo. Nesta ocasión será a directora do aclamado filme “O Corno”, Jaione Camborda, a que acompañe ao público durante o coloquio posterior á proxección. A proxección será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:00 horas

Mércores, 24 de abril de 2024

O mércores 24 de abril, ás 19:00 horas, o Grupo Chévere impartirá na Casa da Cultura do Milladoiro un obradoiro para aqueles espectadores que queiran saber máis sobre a súa obra “Helen Keller, a muller marabilla?”. Para participar só hai que enviar un correo a cultura@concellodeames.gal indicando nome, apelidos e un teléfono. Ofértanse un máximo de 20 prazas que se adxudicarán por orde de inscrición. Este obradoiro enmárcase no programa de residencias artísticas do Concello de Ames.

Venres, 26 de abril de 2024

O venres 26 de abril, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a representación da obra de teatro "Helen Keller, a muller marabilla?" da man do Grupo Chévere. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Trátase dun espectáculo en lingua oral e lingua de signos.

Venres, 03 de maio de 2024

O venres 3 de maio, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolle a representación da comedia teatral "As r(h)umorosas" da man de Etiqueta Negra. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Nela ponse en valor a figura das mulleres ilustres da historia de Galicia.