Axenda

Ex., 21-03-2023
martes, 28 de Marzo de 2023 a xoves, 30 de Marzo de 2023

"Lobos e lobiños" é a proposta de animación á lectura infantil do mes de marzo das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 14, 15 e 16 de marzo, mentres que no Milladoiro parará os días 28, 29 e 30 de marzo, sempre ás 17:30 horas.

xoves, 30 de Marzo de 2023 a domingo, 02 de Abril de 2023

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle a exposición "O herbario de Rosalía", unha mostra de 50 láminas con imaxes de especies botánicas asociadas ás obras da escritora, e que xurdiu tras a investigación das profesoras María López Sández e María Isabel Fraga Vila e a publicación do libro homónimo a dita exposición. Poderase visitar os días 16, 17, 23, 24, 25, 26, 30 e 31 de marzo e 1 e 2 de abril. Os xoves e venres o horario será de 17:00 a 20:00 horas, e os sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Xoves, 30 de marzo de 2023

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O xoves 30 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar a charla "Alimentación saudable", impartida por Alicia Rivas Casais. Será na Casa da Cultura do Milladoiro. 

Xoves, 30 de marzo de 2023

O programa SaúdeAndo é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Saúde, en colaboración cos centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns. Como é habitual, será dende estes propios centros de saúde onde comecen as 38 andainas circulares programadas ao longo do ano, que se organizan cada xoves de semanas alternas, ás 17:30 horas, con rutas de dificultade media-baixa e de entre unha hora e hora e media de duración. Estas saídas van sempre acompañadas da presenza dun monitor de marcha nórdica, pensado para as persoas que desexen practicar esta modalidade, sempre de maneira voluntaria.

Xoves, 30 de marzo de 2023

O terceiro dos encontros literarios programados polo departamento de Bibliotecas de Ames contará coa presenza de Juan Galán, que presentará a obra "El eco de tu voz", unha obra editada por Medulia. O autor estará no Pazo da Peregrina o xoves 30 de marzo, ás 20:00 horas.