Axenda

Ex., 21-06-2024
sábado, 22 de Xuño de 2024 a domingo, 30 de Xuño de 2024

Entre o 22 e o 30 de xuño, as pistas de tenis de Aldea Nova acollen a segunda edición Aberto de San Xoán, un torneo de tenis organizado polo club de tenis Val da Maía en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames. As categorías para participar son alevín, infantil, junior, absoluto e veteranos+35. Todas elas contarán con categoría feminina e masculina

Sábado, 29 de xuño de 2024

O Concello de Ames, a través da Escola Municipal de Música de Ames, organiza unha velada de violín a cargo de Anxo Gómez Piñeiro, veciño do Milladoiro, que xa conta con numerosas distincións e premios. En 2022 recibiu unha mención de honra pola súa participación no Concurso Internacional Violin Competition, na categoría de menores de 21 anos. O concerto será ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A entrada será de balde ata completar aforo.