Axenda

Ex., 14-06-2021
Sábado, 29 de maio de 2021

O obradoiro de Creacontos, impartido por Andamiaxe, celebrarase o sábado 29 de maio, ás 11.30 horas, na biblioteca de Bertamiráns.

mércores, 12 de Maio de 2021 a luns, 31 de Maio de 2021

O Concello de Ames prepárase para celebrar o mes das Letras Galegas, que nesta edición están dedicadas a Xela Arias. A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá ata o 31 de maio a exposición “Abecedáriome” realizada polo IES de Ames. Trata sobre a vida, obra e a época de Xela Arias. Esta mostra foi premiada no concurso-exposición Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia.

mércores, 12 de Maio de 2021 a luns, 31 de Maio de 2021

O Concello de Ames prepárase para celebrar o mes das Letras Galegas, que nesta edición están dedicadas a Xela Arias. Os veciños e veciñas poderán acudir á exposición “Xela Arias, desde nós en ti!”. Os versos da escritora, escolmados e ilustrados polo alumnado do IES de Ames, poderanse ver nos escaparates do Milladoiro e de Bertamiráns dende o 12 ata o 31 de maio.