Axenda

Ex., 20-09-2019
Venres, 27 de setembro de 2019

Este venres, 27 de setembro, está previsto que haxa unha nova Foliada con Apego, que estará dinamizada por Pablo Díaz e Olga Kirk. Será no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ás 18.00 horas. Esta actividade, dirixida tanto a familias con crianzas como a calquera persoa á que lle guste a música tradicional, busca construír un espazo de socialización en galego onde poder compartir, cantar, bailar e aprender cancións tradicionais galegas. É preciso inscribirse do 18 ao 26 de setembro enviando un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal cos nomes e idades das persoas participantes e un número de teléfono de contacto. Esta actividade está dirixida a todos os públicos. A entrada é de balde.

Venres, 27 de setembro de 2019

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 27 de setembro, ás 21.00 horas, o espectáculo “Un verso, un cantar”, da compañía Queiman e Pousa. Trátase dun espectáculo ambientado a principios do século XX onde a poesía e a canción van da man, en homenaxe á emigración Galega.

mércores, 18 de Setembro de 2019 a luns, 30 de Setembro de 2019

A exposición Ames Coopera estará na Casa da Cultura de Bertamiráns do 18 ao 30 de setembro.

luns, 16 de Setembro de 2019 a luns, 30 de Setembro de 2019

Dende o luns, 16 de setembro, e ata o día 30 de setembro, está exposta na Casa da Cultura do Milladoiro a mostra Mindjer di Guiné: Miradas desde Guinea-Bissau. A mostra pódese visitar de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas.