Axenda

Ex., 09-08-2022
Sábado, 27 de agosto de 2022

A Aula da Natureza do Concello de Ames, en colaboración co experto en arqueoastronomía Antón Bouza, organizaron unha actividade de observación do ceo nocturno e de astronomía cultural. Esta actividade realizarase no monte de San Marcos e terá unha duración de entre 2 e 3 horas. Haberá dúas sesións, a primeira será este sábado 23 de xullo, mentres que a segunda desenvolverase o sábado 27 de agosto. Para chegar ao monte de San Marcos haberá servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Para participar é necesario inscribirse. Ofrécense 30 prazas para casa sesión. As prazas cubriranse por orde de inscrición.

Sábado, 27 de agosto de 2022

Continúa o programa Música nas parroquias. Desta volta, faino o sábado día 27 coa actuación dos Retranqueiros no campo da festa da Ameixenda.