Axenda

Ex., 13-04-2024
Sábado, 27 de abril de 2024

O sábado 27 de abril organízase unha excursión á Ribeira Sacra, de 9:30 a 21:00 horas. Será unha aventura na que os participantes visitarán  o Eco-museo do Pazo de Arxeriz, o Eco-espazo de Carballolandia e a ribeira do río Miño. Achegaranse ao mundo das árbores, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos en espazos pensados para o divertimento, o lecer e a convivencia. Esta excursión é de balde, e está dirixida ás familias.

Sábado, 27 de abril de 2024

Durante o mes de abril, a Escola Municipal de Música organiza unha serie de obradoiros musicais dirixidos á veciñanza amesá. O derradeiro obradoiro deste ciclo terá lugar o sábado 27 de abril, e estará dirixido pola asociación Trópico de Grelos. A proposta busca achegar á cidadanía á batucada, e experimentar a percusión dun xeito accesible, dinámico e grupal. Os participantes aprenderán así a relacionarse co instrumento a través de xogos rítmicos, entrando nun ambiente festivo que convida ao movemento e ao baile.