Axenda

Ex., 21-03-2023
xoves, 23 de Marzo de 2023 a domingo, 26 de Marzo de 2023

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle a exposición "O herbario de Rosalía", unha mostra de 50 láminas con imaxes de especies botánicas asociadas ás obras da escritora, e que xurdiu tras a investigación das profesoras María López Sández e María Isabel Fraga Vila e a publicación do libro homónimo a dita exposición. Poderase visitar os días 16, 17, 23, 24, 25, 26, 30 e 31 de marzo e 1 e 2 de abril. Os xoves e venres o horario será de 17:00 a 20:00 horas, e os sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

venres, 24 de Marzo de 2023 a sábado, 25 de Marzo de 2023

O departamento de Bibliotecas municipais  organiza para o mes de marzo uns obradoiros de creación de postais con poemas e collages. Está dirixido á rapazada que cursa estudos a partir de terceiro de educación primaria.

venres, 24 de Marzo de 2023 a domingo, 26 de Marzo de 2023

A Aula da Natureza do Concello de Ames organiza para os días 24, 25 e 26 de marzo un curso de interpretación do patrimonio natural. O taller está dirixido a guías de natureza, guías turísticos, monitores de tempo libre, e, en xeral, persoas interesadas en comunicar valores ambientais. Terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

sábado, 25 de Marzo de 2023 a domingo, 26 de Marzo de 2023

A Aula da Natureza organiza para o mes de marzo unha nova actividade, un obradoiro de cestería que será impartido por Julia da Cal, creadora do atelier de deseño, artesanía e excentricidades de La Parabólica. A primeira quenda deste taller terá lugar o sábado 11 (en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas) e o domingo 12 (de 11:00 a 13:30 horas). O día 11 todos os que o desexen poderán quedarse a comer nas instalacións da Aula da Natureza. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. A primeira quenda desta actividade celebrarase os días 4 e 5 de marzo.

Sábado, 25 de marzo de 2023

A EMMA vai realizar, un ano máis, unha serie de obradoiros de música dunha xornada, co fin de fomentar entre a veciñanza amesá unhas condutas saudables que contribúan na súa motivación cara a música e o lecer, e que propicien unha actitude activa e participativa, repercutindo así na mellora da súa calidade de vida. Estes talleres celebraranse durante todos os sábados o mes de marzo. O día 25, a cantante e actriz Bea García fará unha aproximación ás distintas disciplinas que abarca o teatro musical: a interpretación, a danza, o movemento, a voz... Todo mediante xogos teatrais, nos que se traballarán esas disciplinas. Así, os participantes lograrán adquirir unha certa técnica e tamén aprender a improvisar. O taller finalizará cunha pequena peza musical composta polos propios participantes.