Axenda

Ex., 20-01-2022
Xoves, 23 de decembro de 2021

O 23 de decembro, ás 18:00 horas, na praza de Manuel Murguía do Milladoiro, actuará o Grupo Lume, que lidera o veciño de Ames e antigo cantante da orquestra Compostela, Miguel Torres.

xoves, 23 de Decembro de 2021 a venres, 24 de Decembro de 2021

A programación “Nadal con Ames na Rúa” continúa a pesar das recentes cancelacións por mor da situación epidemiolóxica, cunha das súas actividades chave. Papá Noel visitará nas próximas xornadas os núcleos urbanos de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, co fin de escoitar as peticións da rapazada, coñecela e fotografarse con eles e elas. O xoves 23 de decembro será a quenda da Biblioteca Municipal do Milladoiro, mentres que o venres 24 Papá Noel desprazarase ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. En ambas localidades, as visitas realizaranse de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, respectando a orde de chegada e a distancia de seguridade interpersoal.

martes, 21 de Decembro de 2021 a mércores, 05 de Xaneiro de 2022

Da man da Fundación Terra de Homes chega á Casa de Cultura de Bertamiráns a exposición “Viaxe cara a vida” que recolle información sobre un proxecto a través do que nenos e nenas de diferentes países que sofren patoloxías graves veñen a España para curarse.

A exposición estará aberta até o 5 se xaneiro do ano que vén.