Axenda

Ex., 22-01-2020
Luns, 23 de decembro de 2019

O obradoiro, destinado a nenos e nenas de entre 5 a 14 anos, desenvolverase na carpa da Praza de Manuel Murguía no Milladoiro. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal.

Luns, 23 de decembro de 2019

A carpa multimedia estará na Aula Multiactividades, na Casa da Cultura de Bertamiráns. É unha actividade dirixida a todos os públicos.

Luns, 23 de decembro de 2019

Obradoiro destinado a nenos e nenas de entre 3 a 6 anos, que terá lugar na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. As prazas son limitadas polo que se necesita inscrición previa enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal.

Luns, 23 de decembro de 2019

Papá Noel estará na carpa da Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, para todo aquel que se queira sacar unha foto con el.  Será gratuíto presentando tícket de compra de calquera establecemento do Concello de Ames.

Luns, 23 de decembro de 2019

O obradoiro terá lugar na Aula de Informática do Milladoiro, situada na Casa da Cultura do Milladoiro. Está destinado a nenos e nenas de entre 9 a 12 anos.

Require inscrición previa enviando un correo a informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Luns, 23 de decembro de 2019

O obradoiro terá lugar no mesmo horario na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns e na carpa da Praza de Manuel Murguía no Milladoiro.

Está destinado a un público adulto e require inscrición previa, enviando un correo a deportes@concellodeames.gal ou chamando ao 619 842 504.