Axenda

Ex., 23-06-2025
Venres, 23 de maio de 2025

O Squash Santiago, Golán Squash Academy e 2Más Academia de Tenis e Pádel organizan o venres, 23 de maio, o torneo benéfico Raquetas en Acción, que se realiza en favor da investigación da heteroplastia ósea progresiva. Dito torneo realizarase no club de tenis – pádel Squash Santiago, situado no Milladoiro, a partir das 17.00 horas. As inscricións pódense realizar nas instalacións do Squash Santiago. Os participantes poderán elixir entre as modalidades de pádel, squash e tenis. A partir das 21.00h haberá unha charla sobre dita enfermidade e un cóctel solidario. Tamén haberá animación infantil: inchables, bocadillos, música e máis sorpresas. Todo o diñeiro que se recade irá para a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.

Venres, 23 de maio de 2025

Tras a boa acollida da súa primeira edición, á que asistiron 853 persoas, o Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organiza o II Ciclo de Monólogos, unha iniciativa que mestura figuras consolidadas no noso país dentro do ámbito humorístico xunto con artistas emerxentes.

Venres, 23 de maio de 2025

A Escola Municipal de Música de Ames está celebrando durante este curso 2024-2025 o seu vinte aniversario. Como acto de peche vai a celebrar mañá venres, 23 de maio, ás 19.30 horas, unha gala musical no pavillón municipal do Milladoiro. O evento estará dividido en tres bloques: pasado e recordos; presente e continuidade; e futuro e clausura. Haberá música a cargo do combo xuvenil e de antigos alumnos/as da EMMA como María Iglesias, Manuel Rodríguez (MRT) e Xián Ardións. Proxectarase un vídeo conmemorativo e fotos antigas e actuais. Falarase con antigos profesores/as e directores/as, antigo alumnado e familias, alumnado actual, profesorado actual ex-alcaldes e ex-concelleiros que estiveron no goberno municipal durante estes vinte anos. O acto estará presentando por  Belén Martínez, xornalista de Ames Radio.

Venres, 23 de maio de 2025

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. A fin de semana do 23 ao 25 de maio estará dedicada aos espantallos, coa fin de recuperar a paisaxe e tradición no rural. Deste xeito, na xornada do venres o Pazo da Peregrina acollerá unha exposición na que se poderán observar diferentes pinturas e fotografías de espantallos realizada pola asociación a Cañada do Arte.