Axenda

Ex., 21-03-2023
xoves, 23 de Marzo de 2023 a domingo, 26 de Marzo de 2023

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle a exposición "O herbario de Rosalía", unha mostra de 50 láminas con imaxes de especies botánicas asociadas ás obras da escritora, e que xurdiu tras a investigación das profesoras María López Sández e María Isabel Fraga Vila e a publicación do libro homónimo a dita exposición. Poderase visitar os días 16, 17, 23, 24, 25, 26, 30 e 31 de marzo e 1 e 2 de abril. Os xoves e venres o horario será de 17:00 a 20:00 horas, e os sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Xoves, 23 de marzo de 2023

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O xoves 23 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar a charla "Regulación emocional", impartida por Juan Carlos Permuy Bermúdez. Será na Casa da Cultura do Milladoiro. 

Xoves, 23 de marzo de 2023

O programa SaúdeAndo é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Saúde, en colaboración cos centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns. Como é habitual, será dende estes propios centros de saúde onde comecen as 38 andainas circulares programadas ao longo do ano, que se organizan cada xoves de semanas alternas, ás 17:30 horas, con rutas de dificultade media-baixa e de entre unha hora e hora e media de duración. Estas saídas van sempre acompañadas da presenza dun monitor de marcha nórdica, pensado para as persoas que desexen practicar esta modalidade, sempre de maneira voluntaria.