Axenda

Ex., 21-06-2024
Venres, 21 de xuño de 2024

O venres 21 de xuño, ás 18:00 horas, Alouette Machine levará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro "Fotografando as herbas de San Xoán". Dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos, trátase dun obradoiro no que se realizarán fotocomposicións empregando a luz do sol e a auga. Ademais servirán para ir aprendendo a recoñecer as herbas de san Xoán ao tempo que se pon en valor a lingua e o patrimonio cultural e ambiental.

Venres, 21 de xuño de 2024

O CEIP de Barouta organiza o venres 21 de xuño a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.

Venres, 21 de xuño de 2024

O centro de ioga Zona Zen, en colaboración do Concello de Ames a través da concellería de Promoción da Saúde, organiza unha xornada de ioga para celebrar o día internacional desta disciplina. A actividade terá lugar o venres 21 de xuño no parque do Ameneiral (Bertamiráns), en horario de 19:00 a 20:30 horas. Para participar é preciso inscribirse. O custo da inscrición son 6 euros, cos que se agasalla un boleto do Sorteo do Ouro de Cruz Vermella.