Axenda

Ex., 13-04-2024
Sábado, 20 de abril de 2024

Durante o mes de abril, a Escola Municipal de Música organiza unha serie de obradoiros musicais dirixidos á veciñanza amesá. O sábado 20 de abril Manuel Díaz Abreu achegará aos participantes do terceiro obradoiro ás distintas disciplinas do teatro musical: a interpretación, a danza, o movemento, a voz... Todo mediante xogos teatrais, nos que se traballarán esas disciplinas. Así, os participantes lograrán adquirir unha certa técnica e tamén aprender a improvisar.

Sábado, 20 de abril de 2024

O sábado 20 de abril preséntanse os libros (un de poesía e outro de narrativa) que recompilan os textos gañadores das últimas vinte edicións do Certame Literario do Concello de Ames. Será no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 18:00 horas.

Sábado, 20 de abril de 2024

O sábado 20 de abril, ás 11:30 horas, na biblioteca de Bertamiráns terá lugar o obradoiro "Contos en figuras luminosas", dirixido a nenos a partir de 3º de primaria. As familias interesadas poden inscribirse entre o 8 e o 16 de abril enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal no que se indiquen nome, apelidos, curso do neno/a e un teléfono de contacto. Tamén será posible inscribirse chamando ao teléfono 981 884 829. Ofértanse un total de 12 prazas.