Axenda

Ex., 20-01-2022
Xoves, 16 de decembro de 2021

A segunda edición dos Premios Galetiktokers chega ao seu fin coa entrega de premios aos vídeos gañadores. Será na Casa da Cultura de Bertamiráns, o xoves 16 de decembro, ás 20:00 horas. A gala estará conducida por Fátima Pego e Lucía Rodríguez, e contará cos monólogos de Gabi G e Leti da Taberna, ademais da música de DJ Son1c e da propia Fátima Pego. Os convites, de balde, xa se poden reservar na billeteira electrónica do Concello de Ames.

Xoves, 16 de decembro de 2021

As Bibliotecas Municipais celebran o último “Encontros Literarios en Ames” do ano co escritor Xosé Luís Santos Cabanas e o seu libro, “É todo conto?”. A presentación será este xoves 16 de decembro, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Acompaña ao autor o filósofo e editor Roberto Abuín, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo.

martes, 14 de Decembro de 2021 a xoves, 16 de Decembro de 2021

O contacontos que as bibliotecas de Ames presentan para o mes de decembro titúlase “Bruxas, xigantes e galiñas”.

 O 14,15 e 16 de decembro celebrarase na biblioteca de Bertamiráns ás 17:30horas. 

O prazo para inscribirse esténdese desde o 1 ao 11 de decembro.