Axenda

Ex., 16-10-2026
Venres, 16 de outubro de 2026

A unidade móbil de doazón de sangue volverá estar esta semana no concello de Ames. O venres, 16 de outubro, estará na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Un alento de vida”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue durante o verán xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos.

Venres, 16 de outubro de 2026

O programa Apego continúa a súa programación habitual para as crianzas amesás durante os últimos meses do ano. Desta volta, organízase a actividade familiar, Cambio e Conto, de Raquel Queizás. Trátase dunha proposta chea de contos, lendas, adaptacións literarias e historias propias, coa participación activa do público. Esta actividade, que é de balde, para familias con crianzas de 1 a 4 anos, celebrarase o venres 16 de outubro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, xoves 8 de outubro, ata o vindeiro día 15 de outubro.