Axenda

Ex., 22-09-2020
Sábado, 08 de agosto de 2020

A praza do Concello acolle hoxe ás 14:00 unha sesión vermú a cargo do dúo Eva e Camilo.

A actividade é de balde e encádrase dentro do programa AmesON, a través do cal o Concello traballa para dinamizar os sectorescomercial e culturall de Ames.

Sábado, 08 de agosto de 2020

A praza do Concello, en Bertamiráns, acolle hoxe a partir das 23:00 o concerto de Arevalo e Casquero e a actuación de D FederratoJ.

A iniciativa forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.

O concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra o COVID19.

Sábado, 08 de agosto de 2020

O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, será o escenario da actuación do grupo Leilía a partir das 22:00 da noite.

A actuación está patrocinada pola deputación de A Coruña, é de balde e forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.

O concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra o COVID19.

Sábado, 08 de agosto de 2020

O grupo A Percutería animará o mercado de Bertamiráns entre as 18:00 e as 19:30 cunha batucada.

A iniciativa forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores económico e cultural de Ames.

Sábado, 08 de agosto de 2020

Coches a pedais en Milladoiro e Bertamiráns

Milladoiro e Bertamiráns acollen este sábado a actividade de Coches a pedais.

Os horarios e os espazos nos que se instalará o circuíto son os seguintes:
Milladoiro: Praza de Manuel Murguía entre as 12:00 e as 14:00 horas.
Bertamiráns: Rúa do Ameneiral ntre as 18 e as 20 horas.

A actividade é de balde.
Poden participar rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos.