Axenda

Ex., 04-08-2021
Xoves, 08 de xullo de 2021

O xoves 8 de xullo volve a segunda sesión dos Seráns de Tapia. Ás 17.30 horas comezarase cun contacontos "Conto contiño" organizado polas bibliotecas municipais e ás 18.00 horas, "Andar os Biosbardos", narrado por Charo Pita. Ambos están dirixidos a un público infantil. Ás 19.00 horas realizarase o espectáculo de “Lavandeiras” con Vero Rilo e Sonsoles Penadique, ás 20.00 horas, haberá un monólogo "Estrelas" con Soledad Felloza. Estes dous eventos son para público adulto.

mércores, 07 de Xullo de 2021 a venres, 09 de Xullo de 2021

A unidade móbil de doazón de sangue estará o7, 8 e 9 de xullo en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de tarde, de 15:30 a 21.00 horas o mércores 7 e o xoves 8 de xullo. O venres 9 situarase no mesmo lugar en horario de mañá, de 9.30 a 14.30 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.