Axenda

Ex., 22-11-2019
Venres, 02 de agosto de 2019

Chega ao Milladoiro unha cita ineludible para calquera amante do rock: a novena edición do festival Millarock. Este ano, o evento conta coa participación dos grupos Nao, Cuarta Xusta, Zënzar e Dios ke te crew, cumprindo un ano máis o seu obxectivo de servir como punto de encontro entre bandas consolidadas e grupos emerxentes ao tempo que aposta polo rock en galego. Asemade, o Millarock é o encargado de marcar o comezo das festas do Milladoiro con enerxía e moito rock.