Axenda

Ex., 04-06-2024
Xoves, 06 de xuño de 2024

O xoves 6 de xuño, ás 18:00 horas, a Fundación Aldaba, en colaboración coas asociacións Cultural, Veciñal e Agraria, ofrecerá unha charla informativa sobre acollemento familiar de menores no local da agraria de Bugallido (antiga escola unitaria). A entrada será libre ata completar o aforo.

Xoves, 06 de xuño de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde de Bertamiráns a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Venres, 07 de xuño de 2024

O venres 7 de xuño, ás 18:00 horas, Montse Rivera e Mercedes Prieto organizan no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "Foliada con Apego". Dirixido a público familiar, será un encontro cheo de lingua, cantos, música e baile de noso para compartir, cantar, bailar, aprender e pasalo xenial.

Venres, 07 de xuño de 2024

O grupo municipal de teatro integrado por adultos, estrea o 7 de xuño no Milladoiro a obra “A visita”. O elenco estará composto por Mirella Vázquez, Emilia Mayo, Anna Reig, Cris Botrán, Rosana González, Marichelo Cajide, Ilduara García, Pablo Núñez, Gene Martínez, Pablo Otero, Marisa Peña, Esteban Paz e Carmela Pardal.

Esta peza de Friedrich Dürrenmatt desenvólvese en Güllen, unha cidade que leva anos asolada pola miseria e a pobreza; coas fábricas e a industria pechadas, aos güllenses só lles queda vivir do recordo de épocas mellores. Porén, a volta ao fogar dunha antiga veciña, a millonaria Clara Zachanassian, enche de esperanza os corazóns de toda a poboación. Clara marchou da vila cando nova, e fixo unha fortuna no estranxeiro, converténdose nunha das persoas máis ricas do mundo. O destino de Güllen depende da súa visita.

Sábado, 08 de xuño de 2024

O sábado 8 de xuño, ás 12:00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a gala de entrega de premios do XXI Certame Literario do Concello de Ames. Nela actuarán a agrupación de violín (iniciación) , o grupo combo folk e o alumnado de Música e Movemento da Escola Municipal de Música de Ames.

Domingo, 09 de xuño de 2024

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza o vindeiro domingo, 9 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolverá no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participarán os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. Estímase que participen entre 60 e 70 pilotos.

Luns, 10 de xuño de 2024

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra dende o 10 ao 18 de xuño, cinco audicións previas ao seu concerto de fin de curso. Os estudantes de guitarra, percusión, saxo, piano, canto e frauta mostrarán o aprendido ao longo do curso a familiares e amizades. As audicións desenvolveranse sempre en horario de tarde, na aula 10 da propia EMMA.

Mércores, 12 de xuño de 2024

Xoves, 13 de xuño de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).