Pestanas principais

Zonas de estacionamento para asistir ao festival de música infantil, Modo Galego, actívao!

Mércores, 15 abril, 2026
A explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns acollerá este venres, 17 de abril, ás 17.30 horas, o festival de música infantil, Modo Galego, actívao! Trátase dunha festa coa que se pechará a cuarta edición deste programa que está organizado polo Concello de Ames e a Real Academia Galega, en colaboración coa Xunta de Galicia.

No dito festival actuarán o grupo de música tradicional amesá As Mainas, e dúas das bandas máis potentes do panorama da música infantil en galego: A Gramola Gominola e Uxía Lambona e a Banda Molona. Poderá asistir todo o alumnado dos centros de ensino de educación infantil e primaria participantes este ano no programa Modo Galego, xunto coas súas familias. Ademais as familias inscritas no programa de dinamización lingüística Apego que non teñan nenos ou nenas escolarizadas nestes centros poden pasar polo Servizo de Normalización Lingüística para recoller un convite, o mércores 15 e o venres 17 das 9.00 h ás 15.00 horas.

Dende o departamento de Normalización Lingüística elaboraron un mapa coas zonas de estacionamento próximas ao pavillón. Aínda así, recomendan que, quen poida acceda ao recinto a pé, dando un pequeno paseo. As zonas de estacionamento están situadas na rúa dos Loureiros, na avenida da Peregrina (acceso dende a Escola Infantil O Bosque), no aparcadoiro ao lado do IES de Ames, e na avenida José Luis Azcárraga (diante do Pazo da Peregrina).

Multimedia