Pestanas principais

A Xunta prohibe dende este sábado as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas

venres, 28 Maio, 2021 a luns, 31 Maio, 2021
A partires das 00,00 horas deste sábado, 29 de maio, e ata novo aviso, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición. Asemade, a consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde o sábado e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares.

Podes consultar aquí a información completa que Medio Rural emite ao respecto