Pestanas principais

A Xunta de Galicia activou a situación de prealerta por escaseza moderada de auga no sistema do río Tambre e a ría de Muros, no que se atopa o municipio de Ames

Martes, 11 agosto, 2026
O Concello de Ames informa á veciñanza de que a Xunta de Galicia activou a situación de prealerta por escaseza moderada de auga no sistema do río Tambre e a ría de Muros, no que se atopa o municipio de Ames Esta decisión adóptase ante a evolución dos recursos hídricos, marcada pola falta de precipitacións, as elevadas temperaturas e o descenso continuado dos caudais, polo que se reforza o seguimento da situación e se fai necesario extremar as medidas de aforro e uso responsable da auga.

Por todo isto, recórdase que seguen vixentes estas medidas de obrigado cumprimento, que se manterán ata
novo aviso, que prohiben os seguintes usos da auga da rede de abastecemento:
- Rego de xardíns, hortas, céspedes e demais zonas verdes.
- O enchido de piscinas.
- O lavado de vehículos.
- A limpeza de beirarrúas, patios, fachadas e outros espazos exteriores con auga da rede.
- Calquera outro uso non esencial da auga potable que poida supoñer un consumo
elevado.