Pestanas principais

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no certame veciñal de decorados de Nadal

Xoves, 1 decembro, 2022
O prazo de inscricións para participar no certame veciñal de decorados de Nadal xa está aberto. Os interesados poderán anotarse ata o día 10 de decembro na Sede electrónica do Concello, ou ben presentando de maneira presencial a solicitude nos rexistros municipais. Os participantes deberán aportar antes do día 25 de decembro de 2022 (incluído) cando menos dúas fotografías polas que se poida visualizar a decoración realizada. A achega das fotografías realizarase á conta de correo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal, facendo constar o número de rexistro da solicitude de inscrición e maila identidade do representante.

O xurado valorará aos participantes pola súa creatividade, en base aos criterios de composición e deseño, tendo en conta, ademais, a orixinalidade e a elaboración propia. Do mesmo xeito, valorarase a utilización da iluminación como foco de atracción e o uso de materiais de refugallo. Repartiranse 2.000 euros repartidos en catro premios de 500 euros cada un. Valorase sobre todo a creatividade en composición e deseño; a orixinalidade e elaboración propia; e produtos reciclados.

As bases do concurso e a ficha de inscrición poden descargarse premendo nas ligazóns que se atopan debaixo deste aviso.