Pestanas principais

Varios supermercados de Ames recollen hoxe produtos hixiénicos para a campaña de axuda aos damnificados/as da Illa da Palma

venres, 22 Outubro, 2021 a sábado, 23 Outubro, 2021
Supermercados de Milladoiro e Bertamiráns súmanse hoxe á campaña que a Agrupación de Protección Civil de Ames está levando a cabo para enviar produtos hixiénicos aos afectados/as pola erupción do volcán de Torre Vieja na Illa canaria da Palma.

A recollida levarase a cabo entre as 17:00 e as 19:00 horas de hoxe, 22 de outubro de 2021.

Os supermercados implicados nesta acción solidaria son:

Milladoiro:
Supermercado Familia, na Avenida de Rosalía de Castro, 30
Supercor, Rúa Agro do Medio, 7
Gadis, Avenida Rosalía de Castro, 34, baixo

Bertamiráns:
Carrefour, Rúa Entre Ríos, 7