Avisos

Ex., 26-04-2024
Ex., 26-04-2024
Venres, 26 abril, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 26 abril, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 26 abril, 2024
Debido ás previsións metereolóxicas, vaise aprazar a Viaxe a Carballolandia na Ribeira Sacra prevista para este sábado 27 de abril. A nova data vai ser o vindeiro sábado 4 de maio. Todas as persoas inscritas continuarán na lista de participantes.
Xoves, 25 abril, 2024
O Concello de Ames, a través dun Decreto da Alcaldía, informa que se amplia o prazo de solicitude de praza nos campamentos de verán 2024 ata o 26 de abril a través do rexistro telemático na sede electrónica do concello ou nos rexistros de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).”
Mércores, 24 abril, 2024
Ata o 6 de maio de 2024 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Xuño lúdico”, que este ano se desenvolverá do 24 ao 28 de xuño. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Pódese obter o impreso de inscrición premendo na ligazón ao final deste aviso.
Martes, 23 abril, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no DOG sobre a corrección de erros nos nomeamentos de funcionarios de carreira e declaración de persoal laboral fixo de varios procesos selectivos de estabilización.
Martes, 23 abril, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo dunha praza de técnico/a do Ciclo Integral da Auga do Concello de Ames, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Tamén se recolle o nomeamento e constitución do tribunal de dito proceso.
Venres, 19 abril, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 19 abril, 2024
O Concello de Ames, a través dun bando de Alcaldía, informa que con motivo das actuacións da posta en marcha e desenvolvemento da “Aldea modelo de Ferreiros”, nos vindeiros días realizaranse traballos de recollida de documentación para investigar a propiedade das parcelas afectadas. Para facilitar ditas actuacións é necesario dispoñer da documentación que acredite a titularidade das mesmas.
Venres, 19 abril, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.