Mércores, 20 agosto, 2025
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, informa de que se suspende a actividade “Camiñando ao Solpor”, na que estaba previsto visitar o sábado 23 de agosto os petróglifos de Castelo e da Peneda Negra, ambos os dous situados na área arqueolóxica da Ventosa e pertencentes ao conxunto do Parque Compostela Rupestre. Estes petróglifos son parte de máis dunha vintena de xacementos prehistóricos e protohistóricos repartidos por todo o municipio amesá.
A suspensión de dita actividade está motivada polos condicións climatolóxicas das últimas semanas e pola vaga de lumes que está asolando Galicia. Debido a que o monte está moi seco é recomendable non realizar este tipo de actividades durante esta época do ano para previr posibles incidentes.





