Pestanas principais

Rúa cortada na avenida da Peregrina dende o 9 de novembro debido ás obras de creación do carreiro escolar de Bertamiráns

Luns, 7 novembro, 2022
O Concello de Ames informa de que dende este mércores, 9 de novembro, o viario anexo á estrada AC-544, que está en fronte á escola infantil municipal O Bosque, situado na avenida da Peregrina, en Bertamiráns, vai estar pechado ao tráfico, debido ás obras que se van a executar para a creación do carreiro escolar que discorrerá dende a avenida da Maía ata o acceso ao CEIP da Maía e ao IES de Ames, en Bertamiráns. Dito viario emprégase para facer o cambio de sentido de circulación e como zona de estacionamento. Non se cortan os carrís de circulación da avenida da Peregrina. Córtase o viario anexo que se emprega para cambiar o sentido da circulación.

Multimedia