Pestanas principais

Resultado do sorteo das prazas das Escolas deportivas municipais para o curso 2023-2024

Venres, 22 setembro, 2023
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa do resultado do sorteo das prazas das Escolas deportivas municipais para o curso 2023-2024. As persoas que realizaron a inscrición dispoñen dun número de rexistro xerado no momento da preinscrición, que é o número co que se identifica á persoa inscrita na listaxe xerada polo resultado do sorteo. As clases comezarán o luns 2 de outubro de 2023 e rematarán o 15 de xuño de 2024. Unha vez publicada a listaxe de admitidos, as persoas que obtiveran praza deben solicitar a folla de autoliquidación nas oficinas de Recadación.

Este curso as Escolas deportivas contan na categoría de formación deportiva con ballet, baile moderno, baloncesto, fútbol sala feminino, fútbol sala mixto, judo, natación, patinaxe, predeporte, squash, tenis, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica. Os maiores de 14 anos dispoñen das actividades do programa “Ponte en Forma”, que inclúe adestramento funcional; aerozumba; ioga; GAP (hipopresivos) – Aerocombat; pilates; spinning, abdominais e glúteos; e ximnasia de mantemento. Preme nesta ligazón para descargar o folleto informativo das Escolas deportivas 2023-2024.

Para máis información sobre as actividades deportivas pódese chamar aos números de teléfono 619 842 504 e 981 535 940. Outra opción é enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal e deportes.milladoiro@concellodeames.gal.

Método de pagamento
Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal o 19 de setembro, as persoas que obtiveran praza deben solicitar a folla de autoliquidación nas Oficinas de Recadación.

Este trámite poderá realizarse a través do correo electrónico ames@canaltributos.com, chamando ao número de teléfono 981 88 48 96 ou realizar a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello (non precisa certificado electrónico) premendo na opción de “pagar taxas”. Outra opción é acudir de xeito presencial ás oficinas da praza Horta de Abaixo, número 6 en Bertamiráns ou na rúa Viorneira, número 6 no Milladoiro.

Unha vez feita a autoliquidación no prazo estipulado (do 19 ao 26 de setembro), non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega automaticamente. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

Inscrición ao longo do curso
Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libre. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o curso.

Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior (enfermidade acreditada). Se o alumno/a acumula cinco ou máis faltas inxustificadas durante un mes, poderá darse de baixa de oficio e ofrecerlle a praza a outra persoa.

Multimedia