Pestanas principais

Resolución definitiva para a concesión das axudas do Plan de Emprego Local (PEL REACTIVA)

Mércores, 21 abril, 2021
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, informa da resolución defintiva do Plan de Emprego Local (PEL REACTIVA) que foi publicada este mércores, 21 de abril, no Boletín Oficial da Provincia.

Na Xunta de Goberno Local extraordinaria e urxente celebrada este luns, 19 de abril de 2021, aprobouse a concesión definitiva das axudas para a reactivación económica e social do Concello de Ames PEL-REACTIVA. Trátase dun fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes.

O prazo para xustificar as axudas estará aberto ata o 12 de maio de 2021.

Podes consultar dita resolución, publicada este mércores 21 de abril no Boletín Oficial da Provincia, premendo nesta ligazón.

 

 

Multimedia