Pestanas principais

Recórdase que hai un punto de cribado instalado permanentemente no Campus Sur

Xoves, 19 agosto, 2021
A Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza quere recordarlle á cidadanía a posibilidade de realizar unha proba de antíxenos de xeito voluntario. Para iso mantén instalado un punto de cribado móbil no Auditorio do Campus Sur en Santiago de Compostela. O punto de cribado permanece aberto de luns a venres de 9 a 21 horas e o sábado de 10 a 20 horas. O número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 118. O concello de Ames vén experimentando unha baixada paulatina no número de casos ao longo da semana. Con todo, detectar asintomáticos é crucial para controlar a enfermidade.