Venres, 22 agosto, 2025
- Tematica
O Concello de Ames informa das recomendacións que fai a Xunta de Galicia para a cidadanía ante os incendios forestais que están asolando Galicia durante as últimas semanas.
A Xunta ten canles de comunicación onde difunde información e recomendacións actualizadas á poboación en materia de prevención e riscos. Os Concellos, a través das súas canles de comunicación, supoñen unha rede moi importante para a difusión desta información á cidadanía. Nas redes sociais Facebook, X e Instagram do 112 Galicia podes atopar as publicacións sobre consellos de protección ante incendios. Premendo nesta ligazón podes descargar unha guía de medidas de autoprotección fronte ao risco de incendios forestais.
-Recomendacións á poboación que fai a Xunta de Galicia.
-Guía de medidas de autoprotección fronte ao risco de incendios forestais.




