Pestanas principais

Quedan prazas libres nos cursos da Aula AMTIC dirixidos a nenos e nenas nos meses de outubro e novembro

Venres, 18 setembro, 2026
A Aula AMTIC anuncia que quedan prazas dispoñibles para os cursos dirixidos aos cativos e cativas para os meses de outubro e novembro. Deste xeito, as persoas que así o desexen poderán inscribirse nas formacións de Mecanografía e Programación de Videoxogos. Para participar, deberase enviar cuberto este formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poden facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.

Os cursos para os nenos e nenas comezarán o 1 de outubro con Mecanografía, que se impartirá todos os xoves, de 17.30 a 18.00 horas, ata o 29 de outubro. O curso, orientado para cativos e cativas de 6 a 9 anos, é unha iniciación á mecanografía mediante xogos e actividades adaptadas á súa idade. Aprenderán a utilizar correctamente o teclado, mellorar a coordinación entre vista e mans e adquirir hábitos adecuados de escritura. 

Xa en novembro, do 5 ao 26, impartirase o curso Programación de Videoxogos. Os nenos e nenas de entre 10 e 15 anos terán a oportunidade, todos os xoves de 18.00 a 19.00 horas, de desenvolver e programar videoxogos, aprendendo os fundamentos da lóxica de programación, deseño de personaxes, escenarios e mecánicas xogables mediante contornas visuais e interactivas.

Multimedia