Pestanas principais

Quedan prazas libres nas Escolas deportivas municipais para a tempada 2023/2024

Luns, 26 febreiro, 2024
Aínda quedan prazas libres nas Escolas deportivas municipais 2023/2024. As persoas interesadas poden xestionar a matrícula telematicamente a través da plataforma Cronos, no módulo “inscrición en clases”. As prazas libres poden consultarse na plataforma Cronos. Poden formalizar a matrícula todas aquelas persoas que non o fixeron en quendas anteriores ou que quedaran excluídas. Tamén poderán anotarse aqueles/as aos/ás que xa se lles adxudicou praza noutra actividade.
Os/as interesados/as poden xestionar a matrícula telematicamente a través da plataforma Cronos, premendo aquí, e accedendo ao módulo “inscrición en clases”. Nesta ligazón atoparás as instrucións de funcionamento de Cronos.
 
Unha vez que, habendo prazas libres, se obtivera praza na plataforma, deberá xestionarse o pagamento descargando un documento de pago e realizando o aboamento a través da Oficina Virtual Tributaria, premendo na opción “Autoliquidar e pagar taxas”. Tamén se pode solicitar a folla de autoliquidación nas Oficinas de Recadación do Concello, a través do enderezo electrónico ames@canaltributos.com ou chamando ao número de teléfono 981 88 48 96. Outra opción é acudir de xeito presencial ás oficinas da praza Horta de Abaixo, nº 6 en Bertamiráns ou na rúa Viorneira, nº 6 no Milladoiro.
 
Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este se recibe automaticamente. Realizados ámbolos dous pasos (inscrición en Cronos e trámite de pagamento) xa se poderá asistir á clase, xa que a inscrición queda correctamente feita. Se non se realiza o pagamento no prazo de 3 días, a inscrición quedará anulada.
 
Actividades ofertadas

As actividades, organizadas polo Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña, desenvolveranse ata o 15 de xuño de 2024. Durante este curso, as Escolas deportivas contan na categoría de formación deportiva con ballet, baile moderno, baloncesto, fútbol sala feminino, fútbol sala mixto, judo, natación, patinaxe, predeporte, squash, tenis, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica. Os maiores de 14 anos poden inscribirse nas actividades do programa “Ponte en Forma”, que inclúe adestramento funcional; aerozumba; ioga; GAP (hipopresivos) – Aerocombat; pilates; spinning, abdominais e glúteos; e ximnasia de mantemento. Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto coa oferta de actividades das Escolas deportivas.

As tarifas para o curso completo son de 48 euros para os maiores de 18 anos e de 32 euros para os menores de 18 anos. No caso do segundo membro da unidade familiar serían 16 euros e no dun terceiro membro e seguintes de 8 euros.