- Tematica
Durante estes dous meses, a Aula AMTIC oferta cursos para os nenos e nenas. O primeiro deles será Zona de xogos, do 15 de abril ao 27 de maio, os mércores en horario de 17.30 a 18.30 horas. Esta actividade ensinaralles a aprender xogando e a pensar creando. Abordarase cuestións como a estratexia, a cooperación e os retos dixitais, cos videoxogos como ferramenta.
Ademais, o xoves 30 de abril en horario de 17.30 a 19.00 horas, impartirase un obradoiro de postais temáticas para o Día da Nai. Nesta xornada, os nenos e nenas participantes aprenderán a deseñar e crear postais cheas de creatividade para esta conmemoración, que se celebra a primeira fin de semana do mes de maio. Toda a formación será conducida a través da aplicación de deseño Canva.





