Pestanas principais

Programación de Ames Radio en Facebook do martes 9 de xuño

Martes, 9 xuño, 2020
A radio municipal de Ames continúa a ofrecer diariamente, durante o estado de alarma, unha programación especial a través da súa nova páxina de Facebook. Ames Radio segue a dar voz ás veciñas e aos veciños, proporcionando ademais información de servizo nestes tempos de confinamento nos fogares. Ao pé deste aviso, podes consultar a programación de hoxe martes, 9 de xuño de 2020.

Podes acceder aos contidos que ofrece Ames Radio a través da súa páxina de Facebook. Asemade, todas aquelas persoas que desexen participar neste novo proxecto contando as súas historias, poden poñerse en contacto a través do teléfono 662 377 413 e o enderezo electrónico radio@concellodeames.gal.

Multimedia