Pestanas principais

Proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres peóns/as para o departamento de Medio Ambiente a través do Programa PEL Concellos 2024

Mércores, 10 abril, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado da proba do CELGA e a data do exame do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres peóns/as para o departamento de Medio Ambiente do Concello de Ames subvencionada a través do Programa PEL Concellos 2024.

Fíxase como data de realización por parte dos aspirantes do segundo exercicio (exame tipo test), de carácter obrigatorio e eliminatorio, o vindeiro martes 16 de abril de 2024, no salón de plenos da Casa do Concello de Bertamiráns, ás 9:30 horas.