Pestanas principais

Proceso selectivo dun/dunha técnico/a de secretaría

Mércores, 21 setembro, 2022
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio sobre a data de realización do segundo suposto práctico do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo dun/dunha técnico/a de secretaría.

Convócase aos/ás aspirantes que superaron o primeiro suposto práctico do segundo exercicio da fase de oposición, para a realización do segundo suposto práctico do segundo exercicio da fase de oposición, para o día 5 de outubro de 2022, ás 11.30 horas, na Casa Consistorial do Concello de Ames, debendo acudir provisto do seu DNI.

Premendo nesta ligazón pódese consultar o proceso selectivo ao completo.