Pestanas principais

Precaución: Chamadas falsas en nome do Concello de Ames para realizar análises de auga nos domicilios

Martes, 14 outubro, 2025
O Concello informa á veciñanza de que se están a realizar chamadas falsas en nome do Concello, nas que se solicita acceder aos domicilios para realizar supostos análises da auga. Lembramos que o Concello non está a facer ningunha campaña deste tipo nin solicita acceso aos fogares para tales fins. Recomendamos non facilitar datos nin permitir o acceso a persoas descoñecidas e contactar co Concello mediante as canles oficiais ante calquera situación sospeitosa. No caso de recibir unha chamada destas características informe inmediatamente á Policía Local ou Garda Civil mediante os números de teléfono 619 767 575 ou 981 53 64 05.