Pestanas principais

Permanece aberto o prazo de inscrición nas Escolas Culturais 2019-2020

Martes, 8 outubro, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa da listaxe de prazas ocupadas e libres das Escolas Culturais. As persoas que estean interesadas aínda poden inscribirse de cara ao curso 2019-2020. O proceso de inscrición de praza pódese realizar tanto de xeito presencial como telemático. As clases comezarán a semana do luns 1 de outubro e rematarán o 31 de maio de 2020. As persoas interesadas poderán solicitar máis información chamando aos números de teléfono 981 535 940 – 662 377 444 ou enviando un correo ao enderezo de correo electrónico cultura@concellodeames.gal.

As Escolas Culturais ofrecen clases de baile (baile de salón e baile moderno), de teatro (teatro infantil e xogo dramático; e o grupo municipal de teatro) e de artes plásticas (arte miúda e manualidades). Como novidade, no vindeiro curso, as Escolas Culturais contarán cun novo grupo de manualidades no Milladoiro, de 18.00 a 20.00 horas, e de arte miúda para rapaces e rapazas de 3 a 6 anos, no Milladoiro, de 18.30 a 19.30 horas. Tamén se creou un novo grupo de baile moderno para maiores de 11 anos, que se impartirá os luns en horario de 17.30 a 18.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Consulta aquí a listaxe de prazas ocupadas e libres das Escolas Culturais 2019-2020.

A inscrición pódese facer de xeito telemático enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodemaes.gal. Unha vez tramitada a inscrición telemática, deberase solicitar a autoliquidación do prezo público nas oficinas de Recadación, no correo electrónico ames@canaltributos.com ou obtela directamente na Oficina Virtual Tributaria. As oficinas de recadación atópanse en Bertamiráns na praza da Horta de Abaixo, número 6; e no Milladoiro están situadas na rúa Viorneira, número 6.

A inscrición tamén se pode realizar presencialmente na Casa da Cultura do Milladoiro ou no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, en horario de 09.00h a 14.00 horas. Preme aquí para descargar o PDF co folleto informativo das escolas Culturais 2019/2020.

As persoas interesadas poderán solicitar máis información chamando aos números de teléfono 981 535 940 – 662 377 444 ou enviando un correo ao enderezo de correo electrónico cultura@concellodeames.gal.

Multimedia