Pestanas principais

Péchase a Ruta do Tambre tras o roubo dos sinais indicativos

Sábado, 14 novembro, 2020
Este sábado, 14 de novembro, procedeuse ao peche da Ruta do Tambre, no lugar de Tapia, logo do roubo dos sinais indicativos do camiño. A Concellaría de Medio Ambiente recibiu o aviso de que varias persoas que se atopaban facendo o roteiro estábanse a perder, xa que non había sinalización. Esta situación obrigou ao goberno a proceder ao precintado da entrada da ruta, ata que se repoña a sinalización.

Dende o goberno municipal infórmase de que se procederá á reposición da sinalización o antes posible e lamenta as molestias que poida causar á veciñanza amesá.