Pestanas principais

Péchanse as bibliotecas municipais debido ás novas restricións pola Covid

Mércores, 27 xaneiro, 2021
Por mor das novas restricións que entraron en vigor esta medianoite, as bibliotecas municipais permanecerán pechadas ata o 16 de febreiro incluído. Os préstamos quedarán renovados de maneira automática ata esa data. Para información e consultas os usuarios pódense poñer en contacto a través do correo biblioteca@concellodeames.gal.

Na páxina de Facebook da biblioteca continuarase cos dixicontos programados polas animadoras á lectura das bibliotecas municipais, Bibiana Calvo e Divina Fernández. Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade, que se realizará os mércores.

Hoxe, 27 de xaneiro, realizarase a sesión con “A casa da mosca chosca” e, o vindeiro 3 de febreriro, contarase “Loboferoz” .