Pestanas principais

Pecha o prazo para participar nunha xornada de aproximación ao sendeirismo

Luns, 15 novembro, 2021
Este xoves 18 de novembro remata o prazo para inscribirse nunha xornada de aproximación ao sendeirismo, organizada polo club de montañismo "Rutas a Pie". O curso, impartido pola Escola Galega de Alta Montaña, será o domingo 21 de novembro de 10:00 a 17:30 horas. A xornada divídese nunha parte teórica que se impartirá no Centro de Formación e Emprego de Aldea Nova e unha parte práctica que inclúe o percorrido pola ruta Rego Anduriña. O obxectivo do curso é realizar unha primeira aproximación ao sendeirismo para familias e para xente que se inicie neste deporte e lograr así que se practique de xeito autónomo e seguro.

O prezo do curso é de 30 euros para os/as nenos/as maiores de 5 anos e de 45 euros para os/as adultos/as. A actividade conta con prazas limitadas, para participar hai que chamar ao 628 28 79 57 ou enviar un mail a clubrutasapie@gmail.com.

Multimedia